Tipo | grupo de illas | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur - South Xeorxia and the South Sandwich Islands | |||
Situado na entidade xeográfica | South Georgia group (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur - South Xeorxia and the South Sandwich Islands, Reino Unido | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Scotia | |||
Características | ||||
Altitude | 75 m | |||
Superficie | 0,2 km² | |||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | 1762 | |||
As illas Aurora, tamén chamadas illas da Aurora ou illas Auroras (Shag Rocks and Black Rock en inglés), son un conxunto de rocas oceánicas situado no Atlántico Sur, na rexión máis setentrional do Arco das Antillas Austrais. Sitúanse a uns 1.200 km ao leste da illa dos Estados en Terra de Fogo e a uns 232 km da illa San Pedro, nas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur, arquipélago co cal adoitan ser agrupadas.
As Aurora están constituídas por dous grupos: o das rocas Cormorán ou conxunto occidental, e o da roca Negra ou conxunto oriental. Ambos os conxuntos están constituídos por rocas sedimentarias, tratándose de cumes emerxidos da chamada «Dorsal do Scotia», continuación submarina da cordilleira dos Andes.
Nestas illas están dous dos puntos que determinan as liñas de base da República Arxentina, a partir das cales se miden os espazos marítimos que rodean ao arquipélago.[1][2]
As illas forman parte do Territorio Británico de Ultramar das illas Xeorgia do Sur e Sandwich do Sur.